Cookies

Plan de Formación Continua en Demencias

O Plan de Formación Continua en Demencias é unha acción formativa dirixida a familiares coidadores de enfermos de Alzheimer e outras demencias que pretende ofrecer unha formación especializada e cunha forte compoñente práctica. Aínda que non é necesario ter participado no curso Coidados compartidos para acceder a él, o plan está pensado como un perfeccionamento da formación que se brinda no mencionado curso.

Na súa vindeira edición, precisamente para outorgar un maior peso á compoñente práctica, o curso estruturarase en tres obradoiros, durante os que os participantes porán en marcha as súas habilidades e coñecementos para o coidado mediante a simulación de situacións similares ás que deben afrontar cotidianamente aqueles que teñen ó seu cargo persoas con Alzheimer ou demencia.

Os alumnos do Plan de Formación comprobarán cómo se aplican nun escenario práctico coñecementos adquiridos acerca de cuestións como a comunicación co enfermo, a axuda á mobilidade ou as pautas para o coidado da saúde. Os obradoiros serán impartidos por profesionais de AFACO e doutras entidades ou organismos que aportarán coñecementos dende diferentes áreas.

      Imprimir

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer