Cookies

Colaboracións con traballos universitarios

AFACO pon a súa experiencia no campo do Alzheimer e as demencias ó servizo de aqueles universitarios que cursen estudos da rama sociosanitaria e que desexen abordar no seu traballo de fin de grao algunha cuestión vencellada ó ámbito de actuación da entidade.

Son moitos os traballos cuxos autores contaron, dunha ou doutra forma, coa colaboración de AFACO e dos seus profesionais. Os técnicos da asociación exerceron como titores dos estudos, orientando ós universitarios acerca non só do Alzheimer e as demencias, senón tamén acerca da súa propia labor en AFACO.

Entre os estudantes que contaron con AFACO para a realización dos seus proxectos, hai algúns que tiveron ocasión de coñecelo modelo de traballo da asociación de forma directa, realizando traballo de campo nos nosos centros.

A vinculación coa Universidade non se limita ó apoio ós traballos de fin de grao, senón que tamén se concreta na chegada ós centros de AFACO de estudantes que realizan neles as súas prácticas académicas.

      Imprimir

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer