Cookies

Investigación

AFACO considera importante contribuir á investigación dende a súa experiencia ó servizo das persoas con Alzheimer e das súas familias e, por isto, dende hai anos, promove e apoia diversas iniciativas que teñen como finalidade atopa-las mellores fórmulas para o diagnóstico e a atención das persoas que presentan este ou outro tipo de demencia.

Destaca entre estas iniciativas o Foro Interdisciplinar de Estudo de Demencias de A Coruña (FIEDAC), un grupo formado por profesionais de diversas disciplinas do ámbito sociosanitario que se reúne cunha periodicidade mensual para, dende á análise de casos concretos, buscar solucións ós problemas que xurden á hora de atender e coidar as persoas con Alzheimer ou demencia.

Dentro deste apartado de investigación, cabe tamén salientar a colaboración de AFACO na realización, por parte de estudantes universitarios, de traballos de fin de grao. Son moitos os estudantes que contaron con profesionais da asociación para elaborar este tipo de investigacións e, algúns deles, fixeron traballo de campo nos centros da entidade. AFACO pon, desta forma, o seu modelo e os coñecementos dos seus técnicos ó servizo de estudantes que desexan aborda-las demencias ou algún outro tema que, dunha ou outra forma, está vencellado a elas.

      Imprimir

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer