Cookies

Demencia vascular

É unha causa común de deterioro cognitivo no ancián, xa que provoca entre o 15% e o 30% dos casos de demencia. Trátase dun trastorno complexo, resultante de múltiples infartos, dunha lesión cerebral ou de hemorraxias intracraneais.

Aínda que adopta distintas tipoloxías clínicas en función da localización da lesión no cerebro, poden establecerse unha serie de características comúns que axudan a identificar este tipo de demencia:

  • Presenza temprana de trastornos da marcha.
  • Antecedentes de inestabilidade e caídas frecuentes.
  • Frecuencia da necesidade de orinar.
  • Cambios de personalidade e de humor.
      Imprimir

981 20 58 58 YoTeCuido YoTeCuido App móvil para cuidadores y afectados de Alzheimer